luns, 15 de outubro de 2012

ÓSOS DO CORPO HUMANO

O corpo humano está formado por un total de 206 ósos

Algunhas das funcións máis importantes que desempeñan os ósos son as seguintes:
Sostén: os ósos constitúen os andamios do corpo, sostendo os tecidos blandos e proporcionando puntos de unión para moitos músculos.
Protección: os ósos protéxenos fronte ás lesións de moitos órganos internos. Por exemplo, as costelas protexen ao corazón e pulmóns; as vértebras rodean a medula espiñal; os ósos do cranio protexen ao cerebro.
Movemento: cando os músculos se contraen, tiran dos ósos e, xunto con eles, producen o movemento.
Lugar de producción de células sanguíneas: en determinadas partes dos ósos, a médula ósea vermella produce células sanguíneas (hematíes, leucocitos e plaquetas).
Almacenamento de enerxía: na médula ósea amarela almacénase unha importante cantidade de lípidos. 


Como dixemos ao principio, o esqueleto humano está composto por 206 ósos. A continuación podedes coñecelos todos:
Na cabeza:
  • 8 no cránio (1 frontal, 2 parietais, 2 temporais, 1 occipital, 1 esfenoides e o etmoides).
  • 14 na cara (2 nasais, 2 maxilares, 2 malares, a mandíbula, 2 lagrimais, 2 palatinos, 2 cornetes nasais e o vómer).
Óso Hioides: 1. Está situado no pescozo e sostén a lingua.
Ósos auditivos: 6
Columna vertebral
  • 24 vértebras
  • Sacro
  • Cóccix
Esternón: 1
Costelas: 24. Sete pares son verdadeiras e 5 pares son falsas (dos cales 2 pares son flotantes).
Clavículas: 2
Escápulas: 2
Extremidades Superiores:
  • 2 úmeros
  • 2 cúbitos
  • 2 radios
  • 16 ósos do carpo
  • 10 ósos do metacarpo
  • 28 falanxes
Cintura Pélvica: 2

Extremidades Inferiores:
  • 2 fémur
  • 2 tibias
  • 2 peronés
  • 2 rótulas
  • 14 ósos do tarso
  • 10 ósos do metatarso
  • 28 falanxes 
Información elaborada a partir do libro: Principios de Anatomía y Fisiología. Editorial Harcourt. Madrid (1999). Autores: Tórtora, J. e Reynolds, Sandra.

A continuación podes facer algunhas actividades sobre o corpo humano:
Esqueleto en movimiento
El esqueleto
Xogos Vedoque 
El cuerpo humano
El aparato locomotor
El marco de mi cuerpo 
Esqueleto del cuerpo humano 
Xogos LIM

Páxinas para ampliar información:
Sección de un hueso




Ningún comentario:

Publicar un comentario