sábado, 28 de xaneiro de 2017

Hoxe imos xogar a... Batalla de materiais

Bos días!

Hoxe os alumnos/as de 4º de Primaria preséntannos un dos xogos que realizaron na unidade de coordinación óculo manual. O xogo chámase " batalla de materiais" e como poderedes ver no vídeo explícano moi ben os nosos pequenos atletas. 

Ata a próxima!!


venres, 20 de xaneiro de 2017

Hoxe imos xogar a... Chave

Os alumnos/as de 2º de Primaria vannos presentar o xogo tradicional galego da chave. Explicarannos como se xoga e as variantes que existen.

Empregamos o material que nos prestou a Xunta de xogos tradicionais, o cal contiña as chaves típicas de Ourense, Ferrol e Santiago.








sábado, 14 de xaneiro de 2017

A por un ano saudable!!

Bos días de novo e Feliz Aninovo!!

Esta semana é de volta ao colexio e con ela á volta as nosas clases de Ed. Física. Neste trimestre seguiremos coñecendo novos xogos, deportes e actividades, e continuaremos aprendendo e desfrutando coa actividade física e o deporte.

As navidades son unha época de comilonas, excesos e moita festa, debemos coidar a nosa alimentación e procurar manter unha dieta equilibrada e saudable acompañada dun exercicio físico constante e duradeiro. Canta xente comeza en xaneiro o ximnasio con moitas gañas e o abandona aos poucos días? 
Un dos obxetivos da Ed. Física na etapa de Ed. Primaria é que os alumnos/as coñezan os beneficios que proporciona unha actividade física continua e constante, non que sexa unha moda pasaxeira, por iso pretendemos que os nenos e nenas integren a actividad física e o deporte na súa vida diaria.

Plantéxovos un próposito para este ano, tanto fillos como pais temos que intentar cumplir o decálogo de hábitos saudables que aparece na fotografía. Eu vouno intentar cumplir e vós?