mércores, 30 de novembro de 2016

Xornada Local Campo a través

Mañán xoves día 1 de Decembro, os alumnos e alumnas de 3º-4-5º e 6º de Primaria asistiremos á primeira xornada do campeonato de campo a través organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do programa XOGADE.


Esta competición celebrarase no Estadio Municipal de San Lázaro en Noia. Os nosos deportistas participarán en diversas categorías dependendo da idade, os nenos/as de 3º correrán na categoría benxamín (500 m tanto para nenos como para nenas), os nenos/as de 4º e 5º na categoría alevín ( 600 m as nenas e 800 m os nenos) e os rapaces e rapazas de 6º participarán na categoría infantil ( 800 m as nenas e 1200 m os nenos).



Esta semana nas clases de Ed. Física estivemos entrenando un pouquiño para esta carreira, a través de xogos e de diversos circuitos nas instalacións do colexio. Esperemos que desfruten desta actividade e pasan unha boa mañán facendo actividade física e deporte.

Moita sorte e a pasalo xenial!!







martes, 15 de novembro de 2016

Magosto no Pumar

O pasado venres celebramos no noso colexio o Magosto. Comemos castañas, lemos o manifesto do día do Peón e xogamos a xogos tradicionais como os peóns, as chapas, as canicas, carreiras de sacos ou á corda
Cremos que é moi importante que coñezan a que xogaban os seus pais e avós e vexan as diferenzas entre as distintas xeracións. Estes xogos forman parte da cultura galega e é algo que debemos valorar e que os nosos alumnos os coñezan para que non caian no olvido.

Ahí van unhas cantas fotiños dos nosos rapaces e rapazas xogando a estes xogos...







Xogos tradicionais no Magosto

Manifesto día do Peón

domingo, 6 de novembro de 2016

Celebramos o Samaín

Dende a área de Ed. Física plantexamos diversos xogos para celebrar o Samaín o pasado venres 28 de Outubro. Os nenos e nenas de Infantil xogaron con globos as " Cabazas inmortais" e os rapaces de Primaria divertíronse cun xogo de pilla chamado " Bruxas e zombies", todo isto ambientado con música propia da celebración.

Esperamos que o pasáredes ben na nosa estación do Samaín!!!

Pinchando no seguinte enlace podedes ver algunhas fotos dos xogos nos distintos cursos.

Bo Samaín e ata o que ano que ven!!!

Samaín Ed. Física