xoves, 8 de decembro de 2016

Os pequeniños de 3 anos tamén fan Ed. Física!!

Como cada ano, os nenos que entran no colexio atópanse con moitas cousas, amigos novos, un novo colexio, profes novos, e tamén comezan a desfrutar dos xogos e actividades que se fan no ximnasio en Ed. Física!!
Unha das actividades que mais lles gustan son os circuitos de psicomotricidade, con diferentes materiais como colchonetas, túneles, aros, cordas, bancos...
Nesta ocasión os alumnos e alumnas de 2º de Primaria déronlle unha sorpresa os máis cativos. Deixáronlle feito o circuito!! Non sei quen disfrutou máis, se os maiores ou os pequenos!!
Este foi o resultado...