venres, 26 de maio de 2017

Hoxe imos xogar a... O fungón!


Bos días!

En 3º de Primaria estamos a traballar os xogos populares e tradicionais galegos, aproveitando a conmemoración do día das letras galegas.
Unha das tarefas que tiñan que facer os rapaces foi un pequeno traballo de investigación sobre os xogos aos que xogaban os seus pais ou avós. Saíron xogos tan coñecidos como as canicas, o peón, o escondite ou a comba. Algúns exemplos...




Sergio vainos explicar un dos menos coñecidos, o fungón. No seguinte video veremos o seu funcionamento.


venres, 5 de maio de 2017

Coñecemos o Datchball


Estas semanas estamos a coñecer un novo deporte, o Datchball. Trátase dun deporte alternativo similar ao coñecido brilé pero cunhas normas e regras distintas que o fan máis emocionante e divertido.
É un deporte coeducativo, no cal xogan nenos e nenas xuntos, e no cal é moi importante a cooperación, o traballo en equipo, o esforzo e o respeto polas regras e os compañeiros/as. 

Xógase en dous equipos separados por unha liña central que marcaremos cunha corda, o obxetivo principal e mediante lanzamentos con 3 pelotas de espuma, golpear coa man en algunha parte do corpo do equipo rival, no caso de que o consigamos esa persoa quedará eliminada. Un equipo gaña unha partida cando consegue eliminar o resto dos compañeiros do equipo contrario. Os xogadores que están eliminados poden volver xogar se un compañeiro consegue atrapar unha pelota no aire, desta forma o xogo faise máis cooperativo e participativo xa que podemos volver a xogar en calquera momento do partido. 

Este deporte tivo moi boa aceptación nos rapaces de noso colexio, están moi motivados e con gañas de aprender en máis profundidade esta actividade, tanto nas clases de Ed. Física como nos recreos da mañá están a participar respetando as normas e colaborando e axudando, aspectos moi importantes na etapa de iniciación deportiva na que se encontran inmersos.

A continuación déixovos unhas fotos dos nenos de 4º-5º e 6º no recreo desta mañá.


















Pinchando no seguinte video tamén poderemos ver aos nenos/as de 6º en acción, para que vos fagades unha idea máis clara deste deporte. A disfrutar do Datchball!!!!!