xoves, 14 de novembro de 2013

O MAGOSTO

COMEZAMOS O DÍA TOMANDO AS CASTAÑAS NO RECREO.CANDO REMATOU NOS XUNTAMOS TODOS NO PATIO CUBERTO PARA LER O MANIFESTO DO DÍA DO PEÓN.POR ÚLTIMO:A XOGAR!







 QUE BEN O FIXERON ISMAEL E MARÍA!

 
QUE ATENTOS!


 

mércores, 6 de novembro de 2013

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

DIA 11 DE NOVEMBRO:DÍA DO PEÓN

"POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO"

   Durante toda a semana traballaremos nas clases de E:F. o lanzamento do peón ou trompo.Coa intención de que este xogo popular no se perda e que os nenos e nenas aprendan a bailalo e que lles guste.
   O día 8 celebraremos no colexio o magosto e un dos xogos que imos facer será o lanzamento dos trompos.
Para que poidades coñecer a historia dos peón,mándovos unha serie de enlaces e videos que explican un pouco máis detidamente a historia deste xogo de sempre.

www.brinquedia.net
www.saturnotruco.com
www.baldufa.com

martes, 5 de novembro de 2013

ALMORZOS SAUDABLES:DO 4 AO 8 DE NOVEMBRO

  Durante toda a semana levaremos a cabo os almorzos saudables para todos os nenos e nenas do centro.Outro ano máis tratamos de ensinar aos nenos e nenas a facer un almorzo san.Para elo dáselles durante toda esta semana de almorzar na escola coa intención de que estes hábitos os continúen na casa.
Coa axuda de moitos papás e mamás e de todo o profesorado conseguimos outro ano máis facer os almorzos.

luns, 17 de xuño de 2013

CONVIVENCIA URDILDE - OS DICES

No día de hoxe celebramos a II Xornada de Convivencia Deportiva no colexio de Urdilde. Un total de 64 rapaces e rapazas de 3º e 4º curso de Educación primaria dos colexios de Urdilde e dos Dices participaron na xornada. Algunhas das actividades máis entretidas foron as carreiras de sacos, o xogo da cadea, as carreiras de relevos así como os partidos de mini balonmán e fútbol sala. Para o ano esperamos repetir...

sábado, 8 de xuño de 2013

ORIENTÁMONOS POLO CENTRO

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria levaron a cabo unha carreira de orientación polo centro. En breve recolleremos as impresións dalgúns dos participantes na  mesma.

martes, 16 de abril de 2013

TORNEO DE BÁDMINTON

Hoxe comezamos o torneo de bádminton para alumnos e alumnas de quinto e sexto. Un total de nove parellas participan no campionato e os partidos xogaranse os martes e xoves no recreo. Cada partido terá unha duración de cinco minutos.
As parellas participantes son as seguintes:
  1. María González e Iván
  2. Adrián e Manuel
  3. María e Alba
  4. Antía e Alba Tubío
  5. Antón e Diego
  6. Pablo e Santi
  7. Raúl e Ismael
  8. Mateo e Alba
  9. Raquel e Paula

xoves, 21 de marzo de 2013

XORNADA DE CONVIVENCIA

No día de hoxe celebramos unha nova xornada de convivencia deportiva en Rois. Ademais de xogar ao atletismo (salto de altura, lanzamentos, relevos, velocidade) e ao floorball, coñecemos a moitos compañeiros e compañeiras do CPI dos Dices e atopámonos de novo con antigos compañeiros (Martín, Andrea, Nuria...).



mércores, 13 de marzo de 2013

DÍA DE NEVE NO COLEXIO

No día de hoxe atopámonos con unha fermosa sorpresa ao chegar ao colexio: o patio de xogo e os xardíns estaban totalmente cubertos de neve. E como non podía ser doutro xeito, todos os nenos e nenas xogaron a lanzarse bólas de neve, facer bonecos, entre outros.
Esperemos que pronto se repita...

luns, 11 de marzo de 2013

SEMANA DA PRENSA

Esta semana conmemórase a Semana da Prensa e dende a área de Educación Física non quedaremos ao marxe. Xogos de equilibrio con xornais, relevos, xogos de pilla, xogos de expresión corporal e análise de diferentes noticias deportivas, constitúen algunhas das actividades que levaremos a cabo.

luns, 25 de febreiro de 2013

OLIMPIA, BERCE DOS XOGOS OLÍMPICOS

Fai uns 2.800 anos (ano 776 a.C.), na cidade de Olimpia (Grecia) tiveron lugar os primeiros Xogos Olímpicos en honor ao deus Zeus. Algunhas das probas máis importantes eran: o pentatlon (constaba de lanzamento de disco, xabalina, carreiras, salto de lonxitude e loita), carreiras pedestres, carreiras ecuestres, entre outras.


Palestra, era o lugar no que se facían as actividades de loita

xoves, 21 de febreiro de 2013

ÉXITO DA CARREIRA GOTAS PARA NÍGER

A carreira solidaria Gotas para Níger rematou dun xeito brillante, como non podía ser doutra forma. Gracias ao esforzo dos nenos e nenas e a colaboración de todas as familias, conseguimos recadar a cantidade de 947,53 euros, que irán destinados integramente ao pobo de Níger (a través de UNICEF).
Polo tanto, non queda outra que agradecer a todos aqueles que aportaron o seu granciño de area por facer un mundo un pouco máis xusto.

xoves, 14 de febreiro de 2013

ENTROIDO NO COLE

Este ano o entroido tivo como eixo central as enerxías renovables. Logo do desfile, poidemos comprobar como as enerxías renovables lle gañaron a partida ás enerxías non renovables. Na foto obsérvase o ximnasio cheo dun colorido típico de entroido.


luns, 4 de febreiro de 2013

CARREIRA SOLIDARIA

No día de hoxe poidemos celebrar a carreira solidaria  "Gotas para Níxer". Todos os nenos e nenas do colexio e incluso mestres, corremos para aportar o noso gran de area para contribuir a unha boa causa. Comezaron os máis pequenos (os de tres anos), para dar paso aos de 4 e 5 anos. A continuación, ampliamos o percorrido e correron 1º e 2º xuntos, logo 3º e 4º e finalmente 5º e 6º. Rematamos o día cunha volta conxunta todos os nenos e nenas do colexio.




mércores, 30 de xaneiro de 2013

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS

O martes día 29 de xaneiro todos os mestres do colexio realizamos un taller de Primeiros Auxilios impartido por dous técnicos especializados. Nel repasamos algunhas das técnicas de reanimación, traslado de feridos, e incluso o manexo dun desfibrilador. Como podedes ver nas imaxes, estades en boas mans...





mércores, 16 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ: CARREIRA SOLIDARIA GOTAS PARA NÍGER

O mércores día 30 de xaneiro celebraremos o DÍA DA PAZ no colexio e este ano farémolo con unha iniciativa novedosa e solidaria.
Todos os nenos e nenas do centro correrán o maior número de voltas posibles a un circuito determinado e aportarán o seu granciño de area para que os nenos e nenas de NIGER poidan ter auga potable nos seus colexios. 
Dende o colexio queremos animar a todas as familias a colaborar patrocinando aos seus fillos, netos, sobriños, etc. con esta boa causa.


O VENRES, TODOS A CORRER!

Este venres, día 18 de xaneiro, asistiremos á proba de Campo a Través que se celebrará no Parque Periurbano de San Roque, en Riveira.
Os alumnos e alumnas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria percorrerán unha distancia comprendida entre os 400 metros para a categoría benxamín e os 1200 metros para a categoría infantil. As carreiras disputaranse a partir das 11:00 horas.
Esperemos que o tempo nos dea un acougo e que todos poidamos correr e desfrutar do día.