xoves, 23 de marzo de 2017

Resumo 2º Trimestre


Boas!

Retomamos a actividade do blogue facendo un pequeno resumo do que están a traballar os nosos pequenos/as nas clases de Ed. Física.

Nos primeiros cursos (1º e 2º de Primaria) neste trimestre fixeron xogos relacionados con diversidade de desplazamentos ( cuadrupedias, reptacións, trepas...), saltos, xiros, lanzamentos e recepcións con diversos materiais, e agora nestas últimas sesións comezamos a traballar os xogos cooperativos.

Nos cursos de 3º e 4º de Primaria, traballamos a coordinación tanto cos pés como coas mans, empregando gran diversidade de materiais tanto convencionais (pelotas, aros, conos, cordas...) como materiais alternativos (indiakas, frisbees...). Ao igual que nos primeiros cursos, agora están a xogar a xogos cooperativos, iniciándose tamén nos retos cooperativos que teñen que superar en conxunto.

Nos cursos altos, 5º e 6º, están na etapa de iniciación deportiva, coñeceron un pouco máis a fondo o voleibol, o baloncesto e o floorball ou unihockei. A través de diferentes xogos  e actividades lúdicas fixemos unha aproximación a estes deportes coñecendo as principais normas dos mesmos e enfocando a competición dunha maneira lúdica e participativa, dándolle a importancia ao xogo limpo e o respeto polas normas e os rivais. Esta semana comenzamos a traballar o acrosport, unha modalidade de ximnasia deportiva que profundizaremos na próxima entrada da páxina.