luns, 31 de outubro de 2016

Resumo unidade condición física 5º e 6º Primaria


Ola de novo!!
O prometido  é débeda, presentamos o vídeo nos cales veremos aos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria traballando as diferentes cualidades físicas básicas.
Algúns dos alumnos de 6º nos van presentar xogos que se fixeron nas clases de Ed. Física, pouco a pouco irán participando todos e todas neste traballo.



sábado, 8 de outubro de 2016

Aprendemos as Cualidades Físicas Básicas

Os alumn@s de 5º e 6º xa levan dúas semanas aprendendo cales son as cualidades físicas básicas. 
A velocidade, a resistencia, a forza e a flexibilidade van estar presentes na maioría das actividades que fagamos ao longo do curso, nestas primeiras clases veremos como se poden traballar estas capacidades.

O noso eixe principal de traballo vai ser o XOGO, esta valiosa ferramenta educativa permítenos traballar os contidos da nosa área dun xeito lúdico e divertido. 
Sabedes cal é unha das preguntas que nos fan os mestres de Ed. Física cando chegamos a clase a buscar aos alumnos/as?
"Profe, profe, ¿a que imos xogar hoxe?"
Aproveitamos os intereses e gustos dos pequenos para que coñezan todo o que temos que traballar con eles,  dunha forma amena e pasándoo xenial nas nosas clases.

No seguinte enlace do proxecto Ludos, podedes coñecer cales son os compoñentes da condición física e traballar cos vosos nen@s na casa as cualidades físicas básicas a través de distintas actividades interactivas.

PROXECTO LUDOS


Nos próximos días veremos aos pequenos de Urdilde en acción, Estade atentos ao blogue!!!