xoves, 26 de abril de 2012

O LOBELLE VISITA URDILDE

Carlos Barrón, porteiro do Autos Lobelle de Santiago, visitou hoxe o colexio de Urdilde. Durante case unha hora, os nenos e nenas preguntáronlle sobre as súas aficións, adestramentos e moitas outras cousas. Carlos Barrón agasallou a todos os nenos con unha revista do Lobelle e unha entrada para asistir ao próximo partido da Liga contra o primeiro clasificado da primeira división: o Pozo de Murcia. Dende o colexio tamén nos acordamos deles e démoslles un trofeo que recorda a súa visita ao centro. 
Finalmente, Carlos Barrón visitou cada unha das clases do colexio.

Premendo na foto podedes ler a nova dende a páxina web do Autos Lobelle FS.