mércores, 21 de xuño de 2017

REPASANDO O CURSO UN POUQUIÑO


Nestas últimas semanas de clase fixemos un percorrido polos xogos que máis nos gustaron ao longo do curso. Plantexáronse moitas actividades e xogos, algúns coñecidos outros non, uns máis interesantes que outros..., pero o máis importante é que nos serviron para acercarnos e coñecer multitude de xogos para xogar no noso tempo libre e facer deporte e actividade física tan importante nestas idades.

Foron os propios alumnos/as os que plantexaron aqueles que máis lles gustaron e aqueles que lles gustaría repetir. A continuación expoñeranse por cursos aqueles xogos que máis éxito tiveron:

1º CURSO: Polis e cacos, cadea, o pulpo, director de orquesta, a bomba, cazadores e coellos e cesta de froitas.

2º CURSO: Pilla pelota, polis e cacos, alturitas, cazamariposas, terra mar e aire, brilé e datchball.

3º CURSO: Pilla pelota, terra mar e aire, cadea, pañuelito, comecocos, sangue e datchball.

4º CURSO: Batalla de materiais, pilla con bote, bombilla, pelota sentada, robaconos, polis e cacos e datchball.

5º CURSO: Datchball, robaconos, cadea, polis e cacos, kin ball.

6º CURSO: Datchball, robaconos, pelota sentada, polis e cacos e brilé. 

Agora toca disfrutar dos últimos días de clase, mañán toca festival e o último día hinchables e festa!