domingo, 18 de decembro de 2011

I XORNADA DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

Dende o martes 13 ata o mércores 21 estamos levando a cabo a I Semana de Xogos Populares e Tradicionais, con ela tratamos de achegar aos nenos e nenas de Urdilde aos xogos populares que se practicaban hai anos.

Entre as actividades previstas destacan: unha exposición de xogos e instrumentos musicais na biblioteca, o concurso do trompo mellor de corado, obradoiros de enredos, charlas nas aulas,... entre outras actividades.

Como colofón o vindeiro mércores 21 celebraremos unha xornada de xogos populares aberta a todas as familias.

domingo, 13 de novembro de 2011

SAÚDO DE DAVID CAL

David Cal, cuádruple medallista olímpico na modalidade de canoa (piragüismo), aproveitou a súa visita a Rianxo para saudar ás nenas e nenos do colexio de Urdilde. De conseguir unha medalla nos vindeiros Xogos Olímpicos de Londres, David converterase no deportista español con máis medallas olímpicas.
MOITO ÁNIMO E A POR TODAS!!
Premendo sobre a imaxe visitaredes a páxina web do deportista.

mércores, 26 de outubro de 2011

O SAMAÍN

O Samaín é unha festa de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, rematando o verán e comezando o inverno. Premendo na cabaza coñecerás máis sobre esta celebración.


A continuación podes aprender máis cousas sobre o Samaín nos seguintes enlaces:


venres, 30 de setembro de 2011

ALIMENTACIÓN SA E EQUILIBRADA

Unha alimentación sa e equilibrada é aquela que nos aporta os nutrientes necesarios nas cantidades adecuadas. Polo tanto, debemos comer de todo: froitas, verduras, pescados, carne...
Os hidratos de carbono aportarannos o 60% das kilocalorías diarias, as proteínas o 15% e as graxas o 20-25%. Tamén tomaremos vitaminas, minerais e fibra. Cada día temos que tomar polo menos un litro de auga.
A Pirámide NAOS  esplica  a frencuencia coa que temos que comer os distintos tipos de alimentos e a frecuencia de práctica da actividade física.  Na base da pirámide atópanse as froitas, verduras, lácteos... que tomaremos a diarios. No centro da pirámide os alimentos que comeremos varias veces á semana (carnes, pescados, ovos...) e na parte superior aqueles alimentos que comeremos ocasionalmente (doces, refrescos...).
(Se picas sobre a pirámide poderás facer o xogo da pirámide e consultar numerosa información sobre a alimentación saudable).




Outros enlaces de interese para realizar actividades sobre alimentación

mércores, 14 de setembro de 2011

PRIMEIRO DIA DE EDUCACION FISICA

O primeiro día de clase aprendemos as normas de Educación Física. Algunhas delas son as seguintes: desprazarse da aula ao ximnasio e do ximnasio á aula en silencio e sen correr, ao chegar ao ximnasio deixaremos a mochila de aseo nun banco e sentaremos noutro, ao facer actividade física non podemos mascar chicles nin comer ningún tipo de caramelos (xa que nos podemos atragantar), ao finalizar a clase asearémonos e mudaremos a camiseta.
Despois xogamos a xogos como:
- O detective
- O mundo ao revés
- Xogos de presentación
- Xogos de pilla

martes, 13 de setembro de 2011

Benvida

Case seguro que sodes capaces de imaxinar quen escribe só con ver a "foto". O certo é que son máis guapo na realidade, pero en fin...
Como xa saberedes, este ano cambiei algunhas das miñas ocupacións no colexio, por eso tedes un novo profesor de Educación Física, quen tivo a idea de facer este blog, por certo.
Espero que escribades no blog, que nos contedes o que facedes, o que vos gusta máis (todo) e o que vos gusta menos (nada).
Por medio desta páxina web tamén conseguiredes que as vosas familias disfruten con vos da Educación Física.
Buf, menudo rollo, non?
Para que non se diga, ahí vos queda un video moi simpático dun personaxe que coñecedes moi ben. Un saúdo :)