venres, 30 de setembro de 2011

ALIMENTACIÓN SA E EQUILIBRADA

Unha alimentación sa e equilibrada é aquela que nos aporta os nutrientes necesarios nas cantidades adecuadas. Polo tanto, debemos comer de todo: froitas, verduras, pescados, carne...
Os hidratos de carbono aportarannos o 60% das kilocalorías diarias, as proteínas o 15% e as graxas o 20-25%. Tamén tomaremos vitaminas, minerais e fibra. Cada día temos que tomar polo menos un litro de auga.
A Pirámide NAOS  esplica  a frencuencia coa que temos que comer os distintos tipos de alimentos e a frecuencia de práctica da actividade física.  Na base da pirámide atópanse as froitas, verduras, lácteos... que tomaremos a diarios. No centro da pirámide os alimentos que comeremos varias veces á semana (carnes, pescados, ovos...) e na parte superior aqueles alimentos que comeremos ocasionalmente (doces, refrescos...).
(Se picas sobre a pirámide poderás facer o xogo da pirámide e consultar numerosa información sobre a alimentación saudable).




Outros enlaces de interese para realizar actividades sobre alimentación

mércores, 14 de setembro de 2011

PRIMEIRO DIA DE EDUCACION FISICA

O primeiro día de clase aprendemos as normas de Educación Física. Algunhas delas son as seguintes: desprazarse da aula ao ximnasio e do ximnasio á aula en silencio e sen correr, ao chegar ao ximnasio deixaremos a mochila de aseo nun banco e sentaremos noutro, ao facer actividade física non podemos mascar chicles nin comer ningún tipo de caramelos (xa que nos podemos atragantar), ao finalizar a clase asearémonos e mudaremos a camiseta.
Despois xogamos a xogos como:
- O detective
- O mundo ao revés
- Xogos de presentación
- Xogos de pilla

martes, 13 de setembro de 2011

Benvida

Case seguro que sodes capaces de imaxinar quen escribe só con ver a "foto". O certo é que son máis guapo na realidade, pero en fin...
Como xa saberedes, este ano cambiei algunhas das miñas ocupacións no colexio, por eso tedes un novo profesor de Educación Física, quen tivo a idea de facer este blog, por certo.
Espero que escribades no blog, que nos contedes o que facedes, o que vos gusta máis (todo) e o que vos gusta menos (nada).
Por medio desta páxina web tamén conseguiredes que as vosas familias disfruten con vos da Educación Física.
Buf, menudo rollo, non?
Para que non se diga, ahí vos queda un video moi simpático dun personaxe que coñecedes moi ben. Un saúdo :)