domingo, 18 de decembro de 2011

I XORNADA DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

Dende o martes 13 ata o mércores 21 estamos levando a cabo a I Semana de Xogos Populares e Tradicionais, con ela tratamos de achegar aos nenos e nenas de Urdilde aos xogos populares que se practicaban hai anos.

Entre as actividades previstas destacan: unha exposición de xogos e instrumentos musicais na biblioteca, o concurso do trompo mellor de corado, obradoiros de enredos, charlas nas aulas,... entre outras actividades.

Como colofón o vindeiro mércores 21 celebraremos unha xornada de xogos populares aberta a todas as familias.