martes, 24 de outubro de 2017

XOGAMOS!!!






OS PEQUENIÑOS NO XIMNASIO







CARREIRA PEDESTRE DE NEGREIRA


FECHA DEL EVENTO12/11/2017
FIN DE INSCRIPCIÓN08/11/2017 - 23:59
INSCRITOS561
LOCALIZACIÓNRua Castelao - Negreira
DISTANCIA5Km - 10Km
DEPORTERunning
¡Comparte este evento!
Detalles de la carrera
Elixe a túa distancia 5K ou 10K, no momento de facer a inscripción
O Concello de Negreira organiza o domingo 12 de novembro de 2017, a partir das 10:00 h. horas a Carreira Popular de Negreira «A CLÁSICA», incluída no V CIRCUITO DE CARREIRA POPULARES DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA.
Está considerada a 16ª mellor Carreira 10k. de España no 2016.
As Carreiras Absolutas 5 k e 10 k están HOMOLOGADAS pola RFEA, e cando fagas a inscrición debes escoller a distancia, xa que só podes participar nunha carreira.
->Horarios:
A Carreira absoluta 5k. (Homologada): terá a saída ás 10:00 h.
A Carreira Absoluta 10k. (Homologada): terá a saída ás 10:50 h.
A Carreira Benxamín-Alevín-Infantil: terá a saída ás 12:05 h.
A Carreira Prebenxamín: terá a saída ás 12:30 h.
A Carreira Chupete: terá a saída ás 12:50 h.

Para a recollida de Dorsais farase da seguinte maneira:
Sábado 11:
Escolares (Chupete-infantil) tenda Breogán Deportes, de 10:00 h a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 h.
Absoluta (Cadete-Superveteranos) tenda Garsport, de 10:00 h a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 h.
Domingo 12:
Ata 1/2 hora antes de cada Carreira (zona de saída)
É preferible optar pola recollida de Dorsais o sábado 11, para evitar colas e aglomeracións.