sábado, 1 de abril de 2017

ACROSPORT 5º-6º

QUÉ É O ACROSPORT?

Foi unha pregunta que me fixeron tanto os nen@s de 5º como de 6º de Primaria. Tratarei de explicalo brevemente para que vos fagades unha idea.

O acrosport é un deporte que combina acrobacia e coreografía, a través da realización de figuras co noso corpo e elementos de danza, baile e coordinación cos demais compañeiros. Trátase dunha actividade cooperativa, na cal nos debemos de axudar entre todos para alcanzar as figuras e pirámides corporais, existindo unha axuda constante entre todos os participantes para conseguir un resultado exitoso. Ten moitas vantaxes a nivel educativo, xa que como plantexamos as sesións deste deporte, foron os propios nenos e nenas os que construiron o seu aprendizaxe, observando as súas posibilidades e limitacións e distribuindo os roles dentro do grupo. 

Nas primeiras sesións fixemos figuras tanto individuais como por parellas, iremos aumentando pouco a pouco a dificultade motivando aos alumnos/as para que consigan realizar figuras cada vez máis complicadas. 
Déixovos unha pequena mostra do que foron capaces de realizar ata agora!



















Ningún comentario:

Publicar un comentario