venres, 5 de maio de 2017

Coñecemos o Datchball


Estas semanas estamos a coñecer un novo deporte, o Datchball. Trátase dun deporte alternativo similar ao coñecido brilé pero cunhas normas e regras distintas que o fan máis emocionante e divertido.
É un deporte coeducativo, no cal xogan nenos e nenas xuntos, e no cal é moi importante a cooperación, o traballo en equipo, o esforzo e o respeto polas regras e os compañeiros/as. 

Xógase en dous equipos separados por unha liña central que marcaremos cunha corda, o obxetivo principal e mediante lanzamentos con 3 pelotas de espuma, golpear coa man en algunha parte do corpo do equipo rival, no caso de que o consigamos esa persoa quedará eliminada. Un equipo gaña unha partida cando consegue eliminar o resto dos compañeiros do equipo contrario. Os xogadores que están eliminados poden volver xogar se un compañeiro consegue atrapar unha pelota no aire, desta forma o xogo faise máis cooperativo e participativo xa que podemos volver a xogar en calquera momento do partido. 

Este deporte tivo moi boa aceptación nos rapaces de noso colexio, están moi motivados e con gañas de aprender en máis profundidade esta actividade, tanto nas clases de Ed. Física como nos recreos da mañá están a participar respetando as normas e colaborando e axudando, aspectos moi importantes na etapa de iniciación deportiva na que se encontran inmersos.

A continuación déixovos unhas fotos dos nenos de 4º-5º e 6º no recreo desta mañá.


















Pinchando no seguinte video tamén poderemos ver aos nenos/as de 6º en acción, para que vos fagades unha idea máis clara deste deporte. A disfrutar do Datchball!!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario