martes, 15 de novembro de 2016

Magosto no Pumar

O pasado venres celebramos no noso colexio o Magosto. Comemos castañas, lemos o manifesto do día do Peón e xogamos a xogos tradicionais como os peóns, as chapas, as canicas, carreiras de sacos ou á corda
Cremos que é moi importante que coñezan a que xogaban os seus pais e avós e vexan as diferenzas entre as distintas xeracións. Estes xogos forman parte da cultura galega e é algo que debemos valorar e que os nosos alumnos os coñezan para que non caian no olvido.

Ahí van unhas cantas fotiños dos nosos rapaces e rapazas xogando a estes xogos...







Xogos tradicionais no Magosto

Manifesto día do Peón

Ningún comentario:

Publicar un comentario