mércores, 30 de novembro de 2016

Xornada Local Campo a través

Mañán xoves día 1 de Decembro, os alumnos e alumnas de 3º-4-5º e 6º de Primaria asistiremos á primeira xornada do campeonato de campo a través organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do programa XOGADE.


Esta competición celebrarase no Estadio Municipal de San Lázaro en Noia. Os nosos deportistas participarán en diversas categorías dependendo da idade, os nenos/as de 3º correrán na categoría benxamín (500 m tanto para nenos como para nenas), os nenos/as de 4º e 5º na categoría alevín ( 600 m as nenas e 800 m os nenos) e os rapaces e rapazas de 6º participarán na categoría infantil ( 800 m as nenas e 1200 m os nenos).



Esta semana nas clases de Ed. Física estivemos entrenando un pouquiño para esta carreira, a través de xogos e de diversos circuitos nas instalacións do colexio. Esperemos que desfruten desta actividade e pasan unha boa mañán facendo actividade física e deporte.

Moita sorte e a pasalo xenial!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario